News!
A GASTRONOMÍA GALEGA, A DEBATE
8/09/2026
La Vanguardia leva a Galicia unha nova edición dos seus "Encuentros Comer", un ciclo que reúne a referentes da gastronomía para reflexionar sobre a actualidade do sector. O próximo 21 de setembro, o Centro Superior de Hostalería de Galicia, en Santiago, acollerá unha mesa redonda con Pepe Solla, Lucía Freitas e Javi Olleros, moderada pola xornalista Cristina Jolonch.
Baixo o título «Galicia, o segredo da excepcionalidade», a conversación abordará a identidade, o produto, o territorio e a tradición da cociña galega.
A relación entre Galicia, a súa cociña e outros territorios será tamén un dos eixos de Galicia Fórum Gastronómico 2027, baixo o lema "As Cociñas de Ultramar".
<< Volver