News!
JORDI CRUZ, EMBAIXADOR DA GASTRONOMIA GALEGA E DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO
23/10/2026
O chef Jordi Cruz, que participou na pasada edición de Galicia Fórum Gastronómico, incorporouse ao proxecto Embaixadores do Camiño, unha iniciativa que busca proxectar internacionalmente a gastronomía galega e os seus produtos. Xunto ao cociñeiro galego Iñaki Aldrey, protagonizou a primeira acción do programa, centrada no Camiño Portugués e no Pemento de Herbón con Denominación de Orixe Protexida. Impulsado pola familia Rial, o proxecto quere converter grandes chefs en embaixadores das rutas xacobeas, dos seus produtores e dos seus territorios, coa vista posta no Xacobeo 2027.