News!
Premios e concursos

Os Premios Picadillo teñen como obxectivo recoñecer o traballo que profesionais de diversas disciplinas e oficios viñeron realizando en prol da gastronomía galega a través da súa traxectoria laboral, á que a miúdo dedicaron a vida enteira. Entregaranse o martes 27 pola tarde nas categorías de cociña, sala, produtor, viño, cultura e, este ano, como novidade, outorgarase un premio á sustentabilidade, eixo temático de Galicia Fórum Gastronómico. Por outra banda, o domingo 25 pola mañá darase a coñecer o nome do Cociñeiro Galego 2022, un concurso que recoñece o labor dos cociñeiros emerxentes que ofrecen propostas culinarias de calidade, utilizan produtos de proximidade, fan unha cociña sostible e difunden estes valores. As votacións xa están abertas ao público e pódense realizar a través da páxina www.galiciaforumgastronomico.com ata o 18 de setembro. Ademais, ese mesmo día pola tarde, celebrarase o Concurso de Pulpeiras, que chega á súa oitava edición premiando unha vez máis a habilidade dos profesionais na elaboración e servizo do Polbo á Feira. Así mesmo, no marco do Wine Circus, tamén se darán a coñecer os gañadores da primeira edición da Batalla de Sumilleres, o concurso de cata por parellas no que os participantes terán que enfrontarse ao reto de descifrar 5 viños a cegas en base a parámetros como a variedade de uva, zona xeográfica de procedencia, anada, chan e clima.
Volver