ESGA

Batalla de sumilleres
Instituto Galego do viño

Batalla de sumilleres

Participa na 1ª edición de Batalla de Sumilleres! Concurso de cata por parellas: 1.300€ de premios en metálico e un lote de viño Consegue unha parella e inscríbeche no formulario que atoparás a continuación. Poderás elixir entre unha das 3 fases clasificatorias dispoñibles.

É só para sumilleres ou tamén para afeccionados? Prazas abertas a todo o mundo por rigorosa orde de inscrición Non te quedes sen a túa praza!

En que consiste o concurso? As parellas terán que catar 5 viños a cegas e tentar adiviñar varios datos sobre eles: Variedade de uva, rexión vinícola, etc. (Estes datos suman puntos se son acertados)

As 5 parellas con máis puntos de cada fase clasificatoria pasarán á BATALLA FINAL, que se realizará no mesmo formato o luns 26 de 16:30 a 17:00. Os premios son 1.000€ para a primeira parella clasificada, 300€ para a segunda e un lote de viños de Alma Viños Únicos para a terceira. A cota de participación por parella é de 50€ e inclúe o acceso a Fórum para os 2 participantes, o Domingo 25 e o Luns 26.

Os participantes deberán ser maiores de idade e terán que presentar o seu DNI antes do inicio da súa participación.

O prazo de inscrición estará aberto ata completar aforo. A organización resérvase o dereito de admisión.

É IMPRESCINDIBLE que os participantes se presenten no espazo destinado á Batalla (Wine Circus) 15 minutos antes do inicio da súa proba. Para información máis detallada podes consultar as BASES LEGAIS
 

 

 

 

Inscrición en Batalla


Participante 1

Participante 2

É necesario marcar a casiña de Acepto GPDR para poder mostrar o botón de envío do formulario.

PROCEDEMENTO DE REXISTRO

Unha vez rexistrado, recibirá no seu correo electrónico unha confirmación de pre-rexistro e o acceso á pasarela de pago para proceder co abono de 50€ por parella. Cumprimentado o pago recibirá un novo correo coas invitacións correspondentes para o acceso ao recinto ambos os días.
Se non recibe o correo de verificación, revise o seu cartafol de correo spam. Debido ao sistema de filtrado de Microsoft, non podemos asegurar a entrega en correos de hotmail, yahoo e outlook. En caso de non atopalo contacte connosco para resolver o seu indicidencia.
Só os rexistros con pago verificado serán admitidos.