Galicia Forum Gastronomico
Gastón-Acurio-ponente-estrella-del-próximo-Galicia-Fórum-Gastronómico
Gastón Acurio, un dos chefs máis recoñecidos da gastronomía internacional e unha figura decisiva na proxección mundial da cociña peruana, participará en Galicia Fórum Gastronómico 2027, que se celebrará do 4 ao 6 de abril en ExpoCoruña. O chef encabeza un cartel que contará con profesionais de primeiro nivel.
En 1994, Gastón Acurio e Astrid Gutsche abriron Astrid & Gastón en Lima. O restaurante comezou cunha proposta de cociña francesa que foi evolucionando ata incorporar os produtos e as tradicións culinarias do Perú. Aquel percorrido acompañou tamén o desenvolvemento dunha cociña peruana cada vez máis recoñecida fóra das súas fronteiras.
Acurio desenvolveu unha importante labor de divulgación. Co programa de televisión Aventura Culinaria percorreu distintas rexións do país para mostrar as súas cociñas, produtos e tradicións. Tamén impulsou iniciativas para reunir a cociñeiros e produtores ao redor da gastronomía peruana.

OzéanoCocina-nº2
OzéanoCocina nº2