News!
GALICIA FÓRUM GASTRONÓMICO FINALISTA DOS PREMIOS DA CRÍTICA GALICIA 2026
17/10/2026
Galicia Forum Gastronómico foi un dos finalistas dos Premios da Crítica de Galicia 2026, entregados este sábado 17 de outubro en Vigo. Unha nominación que nos enche de orgullo e pon en valor o noso compromiso coa gastronomía galega e os seus profesionais.
Formar parte duns premios de tanto prestixio é un impulso para seguir traballando na promoción e proxección dun sector fundamental para a cultura e a identidade de Galicia.
Os nosos parabéns a José María Fonseca Moretón, gañador do galardón de Cultura Gastronómica, a Luis Paadin, tamén finalista, e ao resto de premiados. Moitas grazas á organización por contar con Galicia Forum Gastronómico entre as candidaturas desta edición