News!
Aberta a compra de entradas
22/08/2022

Galicia Fórum Gastronómico, o gran evento de referencia no sector que se celebrará en Expocoruña do 25 ao 27 de setembro, xa ten dispoñible as entradas en venda online a través da súa web (www.galiciaforumgastronomico.com). O prezo da entrada para un só día é de 10 euros e para o tres días, de 20 euros. Todas as actividades serán gratuítas, aínda que para os talleres con degustación, aos cales só poderán acceder 50 persoas, pódese realizar unha reserva previa que terá un custo de 5 euros (non reembolsable). O acceso realizarase por orde de chegada e garante o asento até 10 minutos antes da actividade; unha vez pasado este prazo, este poderá ser utilizado para acceso libre.
Volver