News!
O PRODUTO GALEGO, PROTAGONISTA EN GUITIRIZ
01/10/2026
O vindeiro 17 de outubro, o cociñeiro Antón Castro, Cociñeiro Galego do Ano 2026, ofrecerá un showcooking no Encontro Ecolóxico Galego de Guitiriz.
A xornada reunirá produtores ecolóxicos e profesionais do sector para falar de produción, alimentación e gastronomía.
O encontro contará tamén con actividades, degustacións e propostas para achegar a produción ecolóxica galega ao público.
Unha cita que volve poñer sobre a mesa a relación entre os produtores galegos e a cociña, un vínculo que tamén estará presente en Galicia Fórum Gastronómico 2027.