ESGA

News!

Cinco candidatos optan ao premio Cociñeiro Galego 2022

19/05/2022
Cociñeiro-Galego-2022

A primeira xornada de Galicia Fórum Gastronómico será o día no que se dará a coñecer o nome do Cociñeiro Galego 2022, un galardón que desde 2014 enaltece e recoñece o labor dos cociñeiros emerxentes que ofrecen propostas culinarias de calidade, utilizan produtos de proximidade, fan unha cociña sustentable e difunden estes valores. A mañá do domingo 25 de setembro terá lugar no Auditorio a sesión na que os 5 candidatos mostrarán en directo as súas calidades. Os cinco finalistas son: Alberto Cruz & María Cambeiro (Landua, Mazaricos, A Coruña); Toño Lorenzo (A Faragulla, Chantada, Lugo); Xosé Magalhaes & Lydia del Olmo (Ceibe, Ournse); Martín Mantilla (Berso, Lugo) e Moncho Méndez (Millo, A Coruña). As votacións realizaranse a través da web www.galiciaforumgastronomico.com e o período de votación será do 15 de agosto ao 18 de setembro. O gañador do certame, patrocinado por GADIS, será elixido mediante a votación popular e a dun xurado profesional.


Volver
FORUM GALICIA
FORUM GALICIA
© Galicia Fórum Gastronómico S.L. 
T 981 56 91 94 I info@galiciaforumgastronomico.com 
República de El Salvador, 8 3º (Santiago de Compostela)
Nota Legal y Política de Privacidad