ESGA
<< VOLVER AL LISTADO
Campo Capela
ALIMENTACION
Campo Capela
Calzados 8 A Capela, 15613 A CORUÑA
STAND CHF4
Fabricamos quesos de leche cruda porque creemos en la tradición y el buen hacer.
Nuestros productos más conocidos en el mercado son el Queixo Tenro, el Requeixo da Capela, O Mouro, el Queixo con Chourizo y el Tetilla bajo la D.O.P; así como otros elaborados.

PRODUCTOS

Queixo con Chourizo de Porco Celta

O queixo con Chourizo de Porco Celta é unha variedade exclusiva de Campo Capela. É un queixo madurado semigraxo ao que se lle adiciona chourizo de Porco Celta á propia pasta do queixo no momento da súa elaboración, dándolle un toque novidoso. Á codia engadímoslle pementón doce de La Vera, polo que non leva ningún tipo de picante. Ofrécenos unha maridaxe interesante na cociña, tanto con verduras como legumes ou tortillas.

Queixo de Inverno

O Queixo de Inverno é un queixo curado (de 3 a 6 meses de maduración) que soamente elaboramos co leite dos meses de outubro a marzo, no que obtemos o mellor leite do ano. Posteriormente, sometémolo a baños de auga e sal para que o seu secado sexa o correcto e obteñamos un queixo perfecto para maridar con viño. Ten ese toque lixeiramente picante no retrogusto que recorda aos queixos que facían as nosas avoas.

Queixo O Mouro

O Mouro é un queixo semicurado de pasta branda que tras o seu elaborado infusionamos con café e canela. As notas a leite fermentado e manteiga da pasta e o café e a canela da codia chegan a un punto de equilibrio xusto no que non desvirtuamos a nosa materia prima de calidade: o leite. O produto final é en definitiva unha reinterpretación do noso queixo do país pero con unha combinación de sabores interesante e novidosa. Este queixo obtivo recoñecementos tanto a nivel nacional como internacional. O último foi unha das medallas de ouro do World Cheese Awards 2023, celebrado en Trondheim (Noruega).

Queixo Tenro

É sen dúbida o noso queixo máis tradicional. Seguimos conservando os sabores do pasado, xa que todas as nosas elaboracións son de leite cru. Con poucos días de maduración, destaca pola súa cremosidade e os seus toques a leite fermentado e manteiga. É un produto versátil, xa que o poden acompañar produtos doces como salgados. Os nosos formatos van dende os 450gr ata os 20kg, co que o sabor pode ser lixeiramente diferente dependendo o formato que se consuma

Queixo Tetilla D.O.P

Non cabe dúbida que o Tetilla é o queixo máis famoso fóra das nosas fronteiras. O Tetilla Campo Capela é o único polo momento en elaborar con leite cru dentro da Denominación de Orixe Protexida. Ten un gusto lixeiramente ácido pero suave ao mesmo tempo. O tempo mínimo de maduración para poder iniciar o seu proceso de comercialización é de 10 días. O seu sabor recorda ao leite fermentado e á manteiga.

Requeixo da Capela (queixo fresco)

O requeixo é o selo estrela de CampoCapela. É un produto singular típico da comarca do Eume. Nós seguimos a tradición dos nosos antepasados elaborándoo con leite cru de vaca de alta calidade. Seguímolo colgando en sacos de liño a escorrer e batendo manualmente. Este proceso artesán confírelle ao noso requeixo un sabor único. Está considerado un superalimento polo seu alto valor nutricional e o leite cru permite que sexa un alto probiótico natural polo baixo grado de procesamento do leite.