Adegas Terra de Asorei, S.L.
Por iniciativa de Xosé Ramón Durán – Roque, Presidente e Conselleiro Delegado de Adegas Terra de Asorei, esta irmandade familiar de adegueiros do Salnés constituíuse en 2008 dando lugar a esta adega, na que hoxe están representados as seis familias no Consello de Administración da empresa.
O obxectivo é elaborar albariños auténticos de calidade e manterse como empresa familiar. Aportamos o noso saber dende Galicia, seguindo a liña de tradición europea dos viños fieis á terra onde se cultivan as cepas, mais adaptándose como empresa a un mundo aberto e en constante transformación.
O noso obxectivo é ofrecer uns albariños con personalidade, auténticos e seguindo a tradición do Val do Salnés nas Rías Baixas, buscando a mellor Calidade e a prezos razoables.
Ademais do control de orixe e calidade do Consello Regulador Rías Baixas, garantimos a nosa vocación pola calidade someténdonos ó cumprimento das normas e garantías que supoñen estas certificacións: ISO 9001 de Calidade, ISO 14001 de Medio Ambiente e Selo de "Galicia Calidade".
Terra de Asorei - Nai - 1953 Pazo Torrado