ESGA
<< VOLVER AL LISTADO
Queixeria Dona Cobiña
LÁCTEOS
Queixeria Dona Cobiña
Lugar de Cercio S/N Lalin, 36596 Pontevedra
STAND CMR6

PRODUCTOS

D.O.P. QUEIXO ARZÚA-ULLOA ECOLÓXICO

Este queixo cun mínimo de 9 días de maduración, está elaborado con leite pasteurizada de vaca. Presenta forma lenticular, de cortiza fina e elástica, brillante e lisa.

QUEIXO ECOLÓXICO

O queixo ecolóxico graxo semicurado está elaborado con leite pasteurizada ecolóxica de vaca. Ten unha cor amarelada, pajizo e unha textura moi fina, branda e cremosa que se desfai no padal. O seu sabor é moi suave, lixeiramente acedo e con aromas lacteos.

QUEIXO BARRA ECOLÓXICO

É un queixo con forma de barra (base máis ancha con respecto á cara superior), clasificado como graxo e madurado un mínimo de 8 a 10 días. Elaborado de igual maneira que un tipo Arzúa-Ulloa e partindo da mesma selección coidadosa do leite en orixe. Galardonado con medalla de prata no prestixioso concurso internacional de Frankfurt 2023.

D.O.P. QUEIXO TETILLA ECOLÓXICO

É un queixo amplamente coñecido e recoñecido pola súa peculiar forma cónica na gastronomía galega. Ten un período mínimo de 9 días de maduración. Presenta unha característica forma cónica, cóncava-convexa, cortiza fina e elástica, de cor amarela palla. Galardonado con unha medalla de bronze no world cheese awards 2023.